{"id":1265,"date":"2020-09-07T14:08:21","date_gmt":"2020-09-07T12:08:21","guid":{"rendered":"http:\/\/tecedeiras.gal\/?p=1265"},"modified":"2020-09-15T18:32:59","modified_gmt":"2020-09-15T16:32:59","slug":"manias-ou-non-tanto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/tecedeiras.gal\/?p=1265","title":{"rendered":"Man\u00edas ou non tanto"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"https:\/\/tmblr.co\/ZotATx22QhPa9\"><img data-recalc-dims=\"1\" fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=1024%2C576\" alt=\"puntuaci\u00f3n\" class=\"wp-image-1278\" srcset=\"https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=1024%2C576&amp;ssl=1 1024w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=300%2C169&amp;ssl=1 300w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=768%2C432&amp;ssl=1 768w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=830%2C467&amp;ssl=1 830w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=230%2C129&amp;ssl=1 230w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=350%2C197&amp;ssl=1 350w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?resize=480%2C270&amp;ssl=1 480w, https:\/\/i0.wp.com\/tecedeiras.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/lets_eat_grandma.jpg?w=1280&amp;ssl=1 1280w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p>Co transcurso do obradoiro de ver\u00e1n, Mario, Lorena e mais eu (coa colaboraci\u00f3n das participantes de cada sesi\u00f3n) descubrimos que temos as nosas man\u00edas. Eu, en particular, te\u00f1o un detector de rimas. Pers\u00edgoas con sa\u00f1a. Especialmente na poes\u00eda pero nos textos narrativos tam\u00e9n. E mais ando \u00e1 caza de hip\u00e9rbatos, par\u00e9cenme recursos &#8220;literariosos&#8221; (vou antepo\u00f1er aqu\u00ed un adxectivo porque as\u00ed &#8220;parece&#8221; m\u00e1is literario). Lorena tenlle especial aprehensi\u00f3n \u00e1s an\u00e1foras, \u00e1s que considera recursos demasiado manidos para resultar eficientes. Mario mira con atenci\u00f3n a puntuaci\u00f3n, tanto cando se trata de darlle un uso can\u00f3nico como cando se utilizan recursos po\u00e9ticos para evitala.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai uns d\u00edas comecei a cocer a idea de escribir unha entrada no blogue sobre o tema. As man\u00edas, por definici\u00f3n, son cousas que facemos e deberiamos evitar. Pero, a pouco que me puxen a reflexionar ao respecto, vin de forma clara que estes asuntos que a cada un de n\u00f3s nos ocupan (que nos preocupan, que case nos obsesionan) te\u00f1en unha xustificaci\u00f3n e unha funcionalidade pr\u00e1ctica (e non son, pois, man\u00edas). E todas, dun xeito ou doutro, obedecen \u00e1 constataci\u00f3n de que calquera cousa que suceda nun texto literario pode adquirir unha significaci\u00f3n inesperada. As nosas supostas man\u00edas son, \u00e1 fin e ao cabo, alg\u00fans deses elementos que, dependendo das circunstancias, poden producir efectos imprevistos cando o que escribimos chega aos ollos dunha persoa lectora.<\/p>\n\n\n\n<p>Pasoume isto unha vez: deixeille un comentario en Facebook a unha amiga e col\u00f3useme no medio unha gralla. Esa gralla d\u00e1balle un significado completamente diferente e inesperado a unha palabra banal do meu texto e a mi\u00f1a amiga, ao lelo, quedouse enganchada desa palabra e o asunto central do meu comentario esfumouse.<\/p>\n\n\n\n<p>Analizando a expresi\u00f3n art\u00edstica como un feito comunicativo (que \u00e9 o que \u00e9), explica moi ben Andrei Tarkowski nun dos ensaios de <em>Esculpir en el tiempo<\/em> (tal como se titulaba a edici\u00f3n na que o lin hai moitos anos) que o contexto de produci\u00f3n do obxecto art\u00edstico \u00e9 tan radicalmente diferente do contexto de recepci\u00f3n que o feito comunicativo na arte acaba por ser unha entelequia. Como fabricantes de obxectos art\u00edsticos temos que ser capaces de ver esta realidade e aprender a xogar con ela. Se asumimos que non podemos comunicar algo de forma completa, logo concluiremos que o noso obxectivo deber\u00eda ser ofrecer \u00e1 lectora uns elementos cos que ela mesma poida levar a cabo a s\u00faa propia construci\u00f3n ou re-construci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A afirmaci\u00f3n de Tarkowski \u00e9 radical. Eu probabelmente non ir\u00eda tan al\u00f3. Penso que o oficio da escrita consiste en aprender a dispo\u00f1er uns elementos de forma que expresen o que temos na cabeza na hora de sentar a escribir e, ao mesmo tempo, que o lector poida aproveitalos do mellor xeito pos\u00edbel. Seguramente non poderemos transmitir completamente a emoci\u00f3n ou a reflexi\u00f3n que disparou o texto. Pero si poderemos achegar uns ingredientes ben dispostos e unha receita xeral para que, co engadido da s\u00faa propia experiencia (lectora e vital) e as s\u00faas propias circunstancias (inmediatas e non tanto), cada persoa consiga coci\u00f1ar un prato que te\u00f1a certos recendos do que n\u00f3s ti\u00f1amos en mente nun principio pero que ao lector tam\u00e9n lle resulte familiar e, consecuentemente, emocionante. Para poder alcanzar ese obxectivo \u00e9 fundamental ter conta todo o pos\u00edbel dos ingredientes que ofrecemos e da maneira en que os dispo\u00f1emos. Ou, dito doutro xeito, tentar controlar o m\u00e1is posible o que est\u00e1 na nosa man controlar.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando escribimos, o material de traballo principal son as palabras, a lingua. Pero non menos importantes son os recursos que ten a literatura e as formas nas que esa lingua e eses recursos foron utilizados ao longo da historia. A lingua \u00e9 tam\u00e9n a ferramenta m\u00e1is importante da nosa vida coti\u00e1. Como ferramenta social, para que sexa \u00fatil, debemos usala respectando unhas normas que son as que permiten que os procesos de comunicaci\u00f3n sexan efectivos. Por outra banda est\u00e1n os recursos literarios, que son f\u00f3rmulas que, ao longo da historia, foron utilizadas polos autores e as autoras de maneira moi precisa para facer que os seus discursos literarios fosen efectivos. Por isto mesmo, o uso destes recursos rem\u00edtenos con frecuencia a formas de mirar e a est\u00e9ticas que son f\u00e1ciles de situar noutros tempos ou contextos da historia da literatura distintos dos nosos actuais. Uns octos\u00edlabos en grupos de catro versos rimados a pares poden remitirnos de xeito case inconsciente \u00e1 l\u00edrica popular, por exemplo, ou \u00e1s canci\u00f3ns para a cativada; uns sonetos ben rimados e con sintaxes complexas l\u00e9vannos case sen escalas ao s\u00e9culo de ouro espa\u00f1ol co que nos romperon a cabeza na secundaria; certo corpo l\u00e9xico, ben conxuntado, trasl\u00e1danos automaticamente \u00e1 poes\u00eda combativa dos 60 ou 70.<\/p>\n\n\n\n<p>As normas da lingua, as\u00ed como se aplican ao seu uso coti\u00e1n, apl\u00edcanse tam\u00e9n ao texto literario. Quere dicir isto que no texto literario non se poden transgredir? Absolutamente non! No texto literario podemos transgredir todo o que queiramos. Pero temos que ser moi conscientes de que al\u00ed onde incumprimos unha regra, al\u00ed imos atraer a atenci\u00f3n de quen nos le. Irremediabelmente. \u00c9 xusto ese lugar do texto (esa palabra, esa met\u00e1fora, esa imaxe) o que cont\u00e9n a carga de sentido m\u00e1is importante? Ou ser\u00e1 que o \u00fanico que conseguimos \u00e9 distraer \u00e1 lectora, ao lector, facendo que po\u00f1a o foco nun lugar secundario?<\/p>\n\n\n\n<p>Non est\u00e1n prohibidas as rimas, non \u00e9 forzoso utilizar no poema puntuaci\u00f3n can\u00f3nica. Pero temos que saber que unha soa rima nun poema de verso libre vai atraer (consciente ou inconscientemente) ao lector a ese punto do texto, que unha coma que falta cando no resto do poema a puntuaci\u00f3n \u00e9 a normal corre un risco elevado de provocar unha alteraci\u00f3n no ritmo da lectura, que a utilizaci\u00f3n dunha aliteraci\u00f3n, dunha an\u00e1fora, dun hip\u00e9rbato crear\u00e1 na persoa que lea o texto unha marca que non s\u00f3 modificar\u00e1 o sentido que o texto ter\u00e1 para ela sen\u00f3n que pode remitir a lectura a un estilo determinado, a unha \u00e9poca, a unha est\u00e9tica (coas consecuencias sem\u00e1nticas que isto sempre ten). Logo c\u00f3mpre ser conscientes de que esa rima est\u00e1 al\u00ed, que esa coma falta, que iso que fixemos foi un hip\u00e9rbato, e esas cousas deben quedar no texto por decisi\u00f3n, porque son funcionais para tentar levar o texto ao destino que pensamos para el.<\/p>\n\n\n\n<p>Non son as nosas, pois, man\u00edas (non \u00e9 que non as te\u00f1amos&#8230; eu en concreto te\u00f1o unha chea delas, como espero que suceda co resto dos mortais). Pero estas que nos caracterizan nas conversas do obradoiro e coas que botamos tantas risas realmente non o son, porque te\u00f1en un motivo, unha direcci\u00f3n, est\u00e1n xustificadas. Son alg\u00fans dos m\u00faltiples asuntos que est\u00e1 ben termos en conta cando revisamos un texto, se o que pretendemos \u00e9 acadar un obxecto literario que sexa efectivo \u00e1 hora de que o lector, a lectora, se faga con el para crear na s\u00faa cabeza novas paisaxes que lle sexan af\u00edns e, ao tempo, que reflictan a\u00ednda que s\u00f3 sexa de esguello o que n\u00f3s ti\u00f1amos na intenci\u00f3n cando argallamos e despois cando escribimos o texto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co transcurso do obradoiro de ver\u00e1n, Mario, Lorena e mais eu (coa colaboraci\u00f3n das participantes de cada sesi\u00f3n) descubrimos que temos as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[13],"tags":[49,48,46,45,47,44],"class_list":["post-1265","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-texturas","tag-anafora","tag-hiperbato","tag-puntuacion","tag-recursos-literarios","tag-rima","tag-tarkowski"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1265","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1265"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1265\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1282,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1265\/revisions\/1282"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1265"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1265"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/tecedeiras.gal\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1265"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}