A verosemellanza e os pactos

Subido Subido en texturas

Foi unha das grandes descubertas durante as aulas de teoría da literatura da miña tenra mocidade, algo que daba nome a un concepto que até daquela só intuíra e que non fora capaz de nomear. Porén, cada vez se me fai máis evidente que é algo que non callou en todo o mundo. Unha das […]

Onde poñer o pé esquerdo

Subido Subido en texturas

Cando era nena había dous obxectos na casa familiar que me fascinaban. Un era o cofre de metal branco onde meus pais gardaban baixo chave as cartas que se escribiran de mozos. O outro era a Olivetti azul da miña nai. Coido que os dous me atraían porque simbolizaban a materialidade da escrita, algo pouco […]

Primeira convocatoria!

Subido Subido en en liña, obradoiros

Estas son as primeiras convocatorias de tecedeiras   Faise raro falar de “Primeiras convocatorias” cando xa levamos tempo traballando e mesmo temos algún obradoiro que facemos xuntas e que está funcionando na actualidade.   Pero esta é a primeira vez que convocamos desde “tecedeiras” e iso ben merece unha alegría.   Non sei se pensas […]

Que é un obradoiro de escrita (e 2)

Subido Subido en obradoiros, texturas

Hai un par de días expliquei brevisimamente en que consiste un obradoiro de escrita. Quedou pendente comentar cal é o papel das coordinadoras no seu funcionamento. Os obradoiros funcionan todos de formas diferentes. Existen varias escolas e requírense necesariamente diversos enfoques en función do tipo de obradoiro, a duración, se son ou non temáticos, o […]

A urdidura

Subido Subido en texturas

Imos dando os primeiros pasos para deseñar o que queremos ofrecervos. Pedímoslle axuda a Saúl Rivas para que nos crease a imaxe coa que queremos amosarnos no mundo. Ao tempo, imos construíndo os detalles, pensando como nos gusta traballar, intercambiando ideas… Un proceso divertido e intenso que ten algunhas sesións en liña e algunhas (menos) […]