Formei parte do Batallón Literario da Costa da Morte, onde comecei a recitar e publicar. Como poeta publiquei A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) oso, mamá, si? (2015) que foi escollido Mellor Libro de Poesía na I Gala do Libro Galego e Gramo Stendhal (2020). O meu interese polo teatro e a oralidade, leváronme a experimentar na poesía escénica a través de diferentes proxectos. Fun unha das creadoras do colectivo Poetas da Hostia e, dende o 2005, manteño con Lucía Aldao o dúo Aldaolado. Escribín varios textos de teatro, dos que me gusta destacar Anatomía dunha serea, escrito con Iria Pinheiro que foi merecedor do premio María Casares. Son tamén autora dos conto para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e Cinco minutos (2017). En 2016 publiquei a novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016).