Estas son as primeiras convocatorias de tecedeiras
* * * 3 obradoiros de verán para facer en liña 3 * * *
Faise raro falar de “Primeiras convocatorias” cando xa levamos tempo traballando e mesmo temos algún obradoiro que facemos xuntas e que está funcionando na actualidade.
Pero esta é a primeira vez que convocamos desde “tecedeiras” e iso ben merece unha alegría.
Non sei se pensas ir de viaxe este verán. Nós temos a sensación de que este ano o corpo está a pedirnos ficar na casa. Boa ocasión para comezar a tecer (ou seguir tecendo) ese proxecto que tes entre mans hai tempo e que non dá collido forma de todo…
Consulta os detalles da convocatoria facendo clic aquí.
Tamén podes conectarte desde a praia… Éche o que teñen os obradoiros en liña…
(E, se che interesa pero non che acaen os horarios, escríbenos e pensamos alternativas xuntas.)