A urdidura

Imos dando os primeiros pasos para deseñar o que queremos ofrecervos. Pedímoslle axuda a Saúl Rivas para que nos crease a imaxe coa que queremos amosarnos no mundo.

Ao tempo, imos construíndo os detalles, pensando como nos gusta traballar, intercambiando ideas… Un proceso divertido e intenso que ten algunhas sesións en liña e algunhas (menos) nalgunha terraza.

E a cousa vai tomando forma.