Sesión aberta con María Lado

Como forma de presentar os obradoiros para o público infantil e xuvenil que desenvolverá María Lado este inverno, convocamos unha sesión extraordinaria e aberta coa autora para poder comprobar o sistema de traballo e a forma de abordar estes cursos de escrita creativa.

Esta sesión virtual está pensada para persoas de nove a doce anos, aínda que é un rango orientativo, e aconsellamos consultar para outros casos concretos. O encontro terá lugar o 4 de febreiro ás 17:00 da tarde e a participación e libre, previa inscrición no correo de Tecedeiras.

Agardámosvos!