María Lado súmase ao equipo de Tecedeiras

Nestas datas, o Apalpador, Santa Claus, os Reis de Oriente ou a Bruxa Befana aparecerán nos fogares de moita xente para deixar os seus agasallos. En Tecedeiras recibimos o noso agasallo un pouco antes, aínda que sexa hoxe cando o compartimos con vós. María Lado vai formar parte do noso equipo, encargándose persoalmente dun obradoiro orientado ás persoas máis novas. Teremos a sorte de contar cunha das voces máis recoñecidas e populares da poesía galega de entreséculos, caracterizada tamén por unha postura que combateu os excesos da solemnidade e achegou o xénero á xente nova con obras como Casa Atlántica, berlín ou Ninguén morreu de ler poesía,

En moi poucos días anunciaremos as características do curso e demais detalles, por agora tede unhas boas festas!