A finais deste mes, as alumnas todas dos obradoiros de outono de Tecedeiras están convidadas a participar activamente nunha sesión de traballo sobre o guión de Monstro. Trátase da nova longametraxe escrita e dirixida por Andrés Goteira e producida por Gaitafilmes. Si, si, son o mesmo equipo que deu luz hai uns anos o estupendísimo filme Dhogs.
O Monstro é un proxecto en desenvolvemento. Recentemente a produtora anunciou a fichaxe de Antón Durán Morris para protagonizar Monstro co que a cousa vai tendo xa cara.
A sesión facémola coa idea de ofrecerlle ao noso alumnado a experiencia única de asistir e colaborar no proceso de construción dun guión cinematográfico. Unha experiencia que nos permite achegarnos a un eido creativo diferente e que sen dúbida será interesantísima!