Convocatoria curso 20-21

Xa está aberta a convocatoria para os obradoiros do curso 2020-2021.

Será unha convocatoria trimestral, así que imos por estacións.

Podes apuntarte agora aos obradoiros de outono que comezarán a mediados de setembro e seguirán até mediados de decembro.

Serán grupos reducidos (máximo 7-8 persoas) e en liña e as sesións serán quincenais.

Se queres ver información máis detallada, mira aquí.

Se aínda así tes dúbidas, escríbenos a .

E se a convocatoria non che acae pero tes ganas de que miremos xuntas o material co que estás traballando, temos outras opcións máis alá dos obradoiros en grupo. Escríbenos, cóntanos o teu proxecto e atoparemos algunha maneira de axudar.