Manías ou non tanto

Subido Subido en texturas

Co transcurso do obradoiro de verán, Mario, Lorena e mais eu (coa colaboración das participantes de cada sesión) descubrimos que temos as nosas manías. Eu, en particular, teño un detector de rimas. Persígoas con saña. Especialmente na poesía pero nos textos narrativos tamén. E mais ando á caza de hipérbatos, parécenme recursos “literariosos” (vou antepoñer […]

A verosemellanza e os pactos

Subido Subido en texturas

Foi unha das grandes descubertas durante as aulas de teoría da literatura da miña tenra mocidade, algo que daba nome a un concepto que até daquela só intuíra e que non fora capaz de nomear. Porén, cada vez se me fai máis evidente que é algo que non callou en todo o mundo. Unha das […]

Onde poñer o pé esquerdo

Subido Subido en texturas

Cando era nena había dous obxectos na casa familiar que me fascinaban. Un era o cofre de metal branco onde meus pais gardaban baixo chave as cartas que se escribiran de mozos. O outro era a Olivetti azul da miña nai. Coido que os dous me atraían porque simbolizaban a materialidade da escrita, algo pouco […]

Que é un obradoiro de escrita (e 2)

Subido Subido en obradoiros, texturas

Hai un par de días expliquei brevisimamente en que consiste un obradoiro de escrita. Quedou pendente comentar cal é o papel das coordinadoras no seu funcionamento. Os obradoiros funcionan todos de formas diferentes. Existen varias escolas e requírense necesariamente diversos enfoques en función do tipo de obradoiro, a duración, se son ou non temáticos, o […]

A urdidura

Subido Subido en texturas

Imos dando os primeiros pasos para deseñar o que queremos ofrecervos. Pedímoslle axuda a Saúl Rivas para que nos crease a imaxe coa que queremos amosarnos no mundo. Ao tempo, imos construíndo os detalles, pensando como nos gusta traballar, intercambiando ideas… Un proceso divertido e intenso que ten algunhas sesións en liña e algunhas (menos) […]