convocatorias abertas

Velaquí a oferta actual de cursos aos que podes apuntarte.

Outono-Inverno-Primavera

Abrimos diversos obradoiros que comezarán a traballar en setembro de 2020. Sesións quincenais en grupos pequenos. Diversos horarios.

[Detalles, + información, apuntarse, ...]

Obradoiros individuais

Organizámonos a medida das necesidades do teu proxecto literario. Cóntanos a túa idea e facémosche unha proposta.

[Detalles, + información, apuntarse, ...]

Agasalla un obradoiro!

Sabes de algunha persoa que escriba? Agasállalle un bono de tecedeiras e convídaa a participar dun dos nosos obradoiros.

[Detalles / + información]

que ofrecemos?


 
tecedeiras é un equipo de persoas vencelladas desde hai anos á literatura galega desde perfís diversos.
 

 
Ofrecémosche a experiencia de cada un de nós ao servizo do teu proxecto literario.
 

 
Escolle a opción de obradoiro de escrita que máis se axusta ás túas necesidades e dispoñibilidade
 
e, se tes dúbidas, contacta connosco, cóntanos de ti e axudámosche a escoller. [Ler máis]

obradoiros individuais

Axudámosche a darlle forma ao teu proxecto persoal ofrecéndoche un obradoiro de escrita adaptado ás túas necesidades: lecturas críticas plurais e claves para levar o teu traballo a bo porto.

[Máis información...]

obradoiros presenciais

Un obradoiro presencial en grupo é un espazo no que facer que o teu traballo literario se expanda, coa axuda dun conxunto activo de lectores e lectoras de confianza, interesadas en medrar contigo.

[Máis información...]

grupos en liña

Os obradoiros de escrita en liña son como os obradoiros en grupos presenciais pero máis doados, porque accedes desde a casa, cunha maior flexibilidade e en grupos máis pequenos.

[Máis información...]

últimas entradas do blogue...

quen somos?

Un equipo onde a colaboración e a diversidade fan a fortaleza.

Somos Mario Regueira, Lorena Souto e Eduardo Estévez. Cada un de nós achega a súa formación e experiencia específica coa literatura para traballar xunto a aquelas persoas que queiran cultivar a súa escrita creativa ou iniciarse nela.

[Ler máis]

para saber de novas convocatorias...